O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, do 15 de setembro de 2025, e resolto pola Resolución do 20 de outubro de 2025, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,
DISPOÑO:
Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
– María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avello, notaria de Ponteceso, para a notaría da Coruña.
– Blanca Andrea Villanueva García-Pomareda, notaria de Ferrol, para a notaría da Coruña.
– María Gema López Riesco, notaria de Baiona, para a notaría de Ourense.
