De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
Por iso, por medio deste anuncio notifícanselle á persoa indicada no anexo os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro; BOE núm. 307, do 24 de decembro).
Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, a persoa interesada poderá comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcurrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
A Coruña, 27 de outubro de 2025
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/NIF |
Acto de notificación |
|
ANP-CO-0075/2025-V |
DNI 53308204T |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
