DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 57966

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión da seguinte árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a seguinte resolución:

Resolución do 21 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 16.6.2025.

Código: 177A.

Nome da formación: Carballo de Padroso.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Padroso.

Concello: Xunqueira de Ambía.

Provincia: Ourense.

Coordenadas x/y (UTM ETRS89 fuso 29): 606.906/4.670.897.

Motivo da catalogación: significación cultural.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural