A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo polo que solicita o emprazamento de cantos/as aparezan como interesados/as no recurso contencioso-administrativo PA 244/2025, en relación co proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
