DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/061-1, no concello de Santa Comba.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT POT803, apoio 9N4OWSAR//123-B25-2, no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2024/061-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 27 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/061-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Instalación de telecontrol en LMT POT803, apoio 9N4OWSAR//123-B25-2.

Concello: Santa Comba.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Rego Salgueiro

Parcela: 1487

Polígono: 510

Elena Tomé Alvite

13.11.2025