Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas interesadas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 24 de outubro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR204A 2025/5184-4 |
35479624P |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7462-4 |
60989033W |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7606-4 |
44459947G |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7721-4 |
36058247C |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7730-4 |
76926911F |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7731-4 |
X4882902W |
Denegatoria |
|
PR204A 2025/7759-4 |
35432303K |
Denegatoria |
