De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución do arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
As resolucións dos expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas nas dependencias do Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
Pontevedra, 27 de outubro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212A/2025/00543 |
36098820K |
|
PO-PR212A/2025/00543 |
36151369S |
