De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de outubro de 2025 do proxecto da planta de valorización de residuos non perigosos para a elaboración de fertilizantes mediante compostaxe na parroquia de Meis (agrocompostaxe en sinerxía con biorresiduos), no concello de Meis (Pontevedra), promovido por Bodegas Martín Códax, S.A.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
