DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de campamento de cabanas de turismo no lugar da Insua, na parroquia de Morás, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2025/0157).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de outubro de 2025 do proxecto de campamento de cabanas de turismo no lugar da Insua, na parroquia de Morás, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Trastéalo y Guárdalo, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade