DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 20 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2023/7544-1 e seis máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para notificarlles as resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderase interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 20 de outubro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa

interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

2023/7544-1

78809593R

Desestimación da reclamación

27.8.2025

2023/7058-1

24184222K

Desestimación da reclamación

4.9.2025

2023/7166-1

33768621K

Desestimación da reclamación

11.8.2025

2023/4990-1

32843895X

Desestimación da reclamación

8.9.2025

2024/6461-1

32311127Z

Desestimación da reclamación

20.8.2025

2023/4033-1

32434288X

Desestimación da reclamación

8.9.2025

2024/10024-1

49208703L

Inadmisión da reclamación

12.8.2025