DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Expediente

Referencia catastral

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

Superficie afectada por execución subsidiaria

Liquidación

provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data de

constatación do

incumprimento

Persoa

responsable da xestión da biomasa

1427670A

15031A01200481

Culleredo

Río da Cova (Rutis) (polígono 12, parcela 481)

7.210,80 m2

5.119,67 €

5.2.2025

7.10.2025

Titular

descoñecido

Culleredo, 21 de outubro de 2025

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente