De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración e ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Expediente |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
1237/2025 |
36011A073000990000JW |
Pedre |
Antonio Rey Nieto |
|
1381/2025 |
36012A063005800000ZE |
Almofrei |
Hros. de Luis Pérez Candedo |
|
1417/2025 |
36012A029010360001XL |
Barbeitos (S. Xurxo) |
Hros. de Jesús Casal Lois |
|
1485/2025 |
36012A030000510001XL |
A Longa (S. Xurxo) |
En investigación |
|
1501/2025 |
36012A055002760000ZX |
Pazos (Borela) |
Hros. de Laura Piñón Barros |
|
1552/2025 |
36011A032025050001KU 36011A032025050000JY |
Loureiro (Figueroa) |
Hros. de Mª Carmen Fernández Rivas |
|
1626/2025 |
36012A068205760000ZQ |
Trebello (Aguasantas) |
En investigación |
|
1751/2025 |
36012A029010040000ZK |
Barbeitos (S. Xurxo) |
Hros. de Manuel Ferreiro García |
|
1855/2025 |
36012A062001290000ZB |
Vilanova (Tenorio) |
Óscar Cotobad Cabanelas |
|
1938/2025 |
36012B505008210000FS |
A Igrexa (Carballedo) |
José Delfín Rivadulla Lois |
|
1976/2025 |
36012A069009470000ZS |
Pazos (Borela) |
Manuel Puente Borrajo |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que, tanto a notificación como o expediente, se atopa á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (Chan-Carballedo 11, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puider determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e a repercusión dos custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Cerdedo-Cotobade, 21 de outubro de 2025
Jorge Cubela López
Alcalde
