Convocada mediante a Resolución CM-04/2025, do 17 de xuño (DOG núm. 121, do 26 de xuño), a provisión dun posto de xefe/a de grupo (central telefónica), polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de grupo (central telefónica), realizada mediante a Resolución CM-04/2025, do 17 de xuño (DOG núm. 121, do 26 de xuño).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo I desta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 4 de novembro de 2025
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO I
1. Posto de traballo: xefe/a de grupo-Central telefónica.
Nome e apelidos: Teresa Mosteiro Bendaña.
DNI: ****713**.
