O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral está regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
O artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 20/2022, do 24 de febreiro, establece que a actualización de méritos será realizada anualmente de oficio pola Administración mediante resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de función pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Nesta resolución darase publicidade á lista provisional.
De conformidade co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522U) (DOG do 30 de xullo), nas listas de natureza funcionarial en xestión que non estivesen afectadas por procesos de funcionarización valoraranse, ao abeiro do artigo 9, letra b), do Decreto 37/2006, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019 das que non existan listas de contratación temporal e que non se prevexa que sexan obxecto de procesos de funcionarización.
Por outra banda, de acordo co establecido no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, xeran méritos os meses completos de servizos efectivamente prestados na mesma categoría, corpo ou escala, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que neste último caso teñan publicadas as súas relacións de postos de traballo e figuren no ámbito de aplicación do artigo un do presente decreto.
Mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG núm. 44, do 5 de marzo) publicouse o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e, polo tanto, resulta necesario baremar de conformidade co artigo 9 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, os servizos prestados nesta entidade polas persoas xa inscritas nas listas.
No anexo II do dito acordo establécese o réxime transitorio aplicable á relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e prevese a substitución das listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na data que expresamente se determine na resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que se publicará para tal fin no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a actualización provisional de méritos relativos ao ano 2024 das persoas integrantes das listas elaboradas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral, que figuran nos anexos I e II.
En aplicación do establecido na disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, nas listas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario da escala de veterinarios (A1-2067) e da escala de ciencias, especialidades de bioloxía (A1-2068) e química (A1-2069), valoraranse, ao abeiro do artigo 9, letra b), do Decreto 37/2006, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II), poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <Listas de contratación>.
Segundo. Publicar a baremación provisional dos servizos prestados ata o 31 de decembro de 2024 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en categorías, corpos ou escalas en que existen listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia que figuren nos anexos I e II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II) poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coa reclamación achegarase:
– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
• Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
• Servizos periféricos:
Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados no ano 2024 en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a órgano da entidade con competencia para certificar en materia de persoal.
Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría agronómica |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de minas |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade Química |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207L |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade Medicina |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía |
|
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima |
|
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira. |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica en Topografía |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira |
|
A2 |
209D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educador Infantil |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
C1 |
209E |
Escala técnica de mantemento de servizos |
|
C1 |
209G |
Escala técnica de cociña |
|
C1 |
209H |
Escala técnica de condución |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade Bombeiro forestal xefe de brigada |
|
C1 |
20B6 |
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade Capataz |
|
C1 |
20D5 |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Animación sociocultural |
|
C1 |
208I |
Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Xardín de infancia |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos |
|
C2 |
208N |
Escala auxiliar de mantemento |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal |
|
C2 |
207X |
Escala de garda de recursos naturais |
|
C2 |
207Y |
Escala auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala auxiliar de cociña |
|
C2 |
20D0 |
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
|
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade Persoal de limpeza e cociña. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
I |
038 |
Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
|
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
018 |
Marcador/a de metais preciosos |
|
III |
034 |
Especialista de oficios (debuxante) |
|
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
039 |
Rexedor/a de escena |
|
III |
045 |
Técnico/a de luces |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
053 |
Técnico/a en restauración cinematográfica |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
|
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
098 |
Auxiliar de luces |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
102 |
Encadernador/a |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
|
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
|
IV |
023 |
Mestre/a gaiteiro/a |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
|
IV |
031 |
Legoeiro/a |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
IV |
034 |
Axudante/a restauración e proxección cinematográfica |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
