De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 30 de abril.
Por outra banda, pola Resolución do 8 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, dispúxose a inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de integración do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
No seu punto cuarto estaba previsto que se abrise un prazo extraordinario para que as persoas interesadas puidesen inscribirse nas listas correspondentes ás categorías propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou naquelas que son análogas ás categorías do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG núm. 44, do 5 de marzo) publicouse o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de decembro de 2024, polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, polo que resulta necesario, de acordo co artigo 9 do Decreto 37/2006, baremar os servizos prestados nesta entidade polas persoas que se inscriben nas listas.
No anexo II do dito acordo establécese o réxime transitorio aplicable á relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e prevese a substitución das listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na data que expresamente se determine na resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que se publicará para tal fin no Diario Oficial de Galicia.
Pola Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 41, do 28 de febreiro), acordouse o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades, e abriuse un prazo extraordinario de inclusión nas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para a presentación de solicitudes de inclusión no prazo comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 2025.
Unha vez finalizados ambos os dous prazos, foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.
Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listas correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño temporal de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Estas listas incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril, establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9, 9.bis e na disposición adicional sexta do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
As persoas que solicitaron a inclusión electronicamente a través de fides.xunta.gal, para presentar as alegacións que consideren oportunas, deberán acceder a fides.xunta.gal, onde tamén poderán, de ser o caso, xerar un documento para remitir a través dun rexistro presencial a documentación que deba presentarse e que non sexa copia auténtica ou non fose posible comprobala automaticamente. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática para as solicitudes que se presentaron a través de fides.xunta.gal
As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos pola Administración e que figurasen excluídas nestas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no indicado prazo de dez días concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, unha copia auténtica da documentación respecto da cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:
– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais, nos termos previstos nos artigos 9.b), 9.bis.a.1 e na disposición adicional sexta do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
• Servizos centrais:
Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.
• Servizos periféricos:
Directores/as territoriais ou funcionarios/as responsables da área de persoal dos departamentos territoriais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.
– Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV desta resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
– Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV desta resolución e deberá ser asinada polo órgano da entidade con competencia para certificar en materia de persoal.
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.
Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar a solicitude de suspensión de chamamentos, de conformidade co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
|
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
|
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información |
|
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos |
|
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos |
|
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría agronómica |
|
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial |
|
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de montes |
|
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
|
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade Bioloxía |
|
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade Química |
|
A1 |
206K |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A1 |
206L |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A1 |
206M |
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos |
|
A1 |
207J |
Escala superior de saúde laboral |
|
A1 |
207K |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A1 |
207M |
Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
|
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de telecomunicación |
|
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos |
|
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
|
A1 |
208F |
Escala de facultativos. Especialidade Medicina |
|
A1 |
208G |
Escala de facultativos. Especialidade Psicoloxía |
|
A1 |
208H |
Escala de facultativos. Especialidade Pedagoxía |
|
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
|
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima |
|
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira. |
|
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo |
|
A1 |
2093-06 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica |
|
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas |
|
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas |
|
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios |
|
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral |
|
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística |
|
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica forestal |
|
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
|
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
|
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
|
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Arquivos |
|
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Bibliotecas |
|
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade Museos |
|
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
|
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos técnicos |
|
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de obras públicas |
|
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica industrial |
|
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica agrícola |
|
A2 |
2079 |
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas |
|
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos |
|
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo |
|
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción |
|
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque |
|
A2 |
209D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educador Infantil |
|
A2 |
209T |
Escala técnica de orientación laboral |
|
A2 |
208A |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría |
|
A2 |
208B |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia |
|
A2 |
208C |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Educadores |
|
A2 |
208D |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional |
|
A2 |
208E |
Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social |
|
A2 |
207N |
Escala técnica de saúde laboral |
|
A2 |
207P |
Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo |
|
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística |
|
C1 |
209E |
Escala técnica de mantemento de servizos |
|
C1 |
209G |
Escala técnica de cociña |
|
C1 |
209H |
Escala técnica de condución |
|
C1 |
209I |
Escala técnica de análises de laboratorio |
|
C1 |
209O |
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade Bombeiro forestal xefe de brigada |
|
C1 |
20B6 |
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade Capataz |
|
C1 |
20D5 |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Animación sociocultural |
|
C1 |
208I |
Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade |
|
C1 |
208J |
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Xardín de infancia |
|
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
|
C1 |
207C-02 |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
|
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir) |
|
C1 |
207V |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón. |
|
C1 |
207W |
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico. |
|
C1 |
2081 |
Escala de delineantes (a extinguir) |
|
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
|
C2 |
209M |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas. |
|
C2 |
209N |
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade museos. |
|
C2 |
208N |
Escala auxiliar de mantemento |
|
C2 |
208P |
Escala auxiliar de laboratorio |
|
C2 |
208Q |
Escala auxiliar de condución |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade emisorista/vixilante/a fixo/a |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal |
|
C2 |
207X |
Escala de garda de recursos naturais |
|
C2 |
207Y |
Escala auxiliar de coidadores |
|
C2 |
207Z |
Escala auxiliar de cociña |
|
C2 |
20D0 |
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial |
|
C2 |
20A3 |
Escala de auxiliares de clínica |
|
2055 |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal subalterno |
|
|
209R |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade Persoal de limpeza e cociña. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
|
Grupo |
Categoría |
Denominación |
|
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
|
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
|
II |
031 |
Restaurador/a |
|
II |
038 |
Perito/a-xudicial diplomado/a |
|
II |
039 |
Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
|
III |
003 |
Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a |
|
III |
012 |
Mestre/a de taller |
|
III |
036 |
Experto/a audiovisuais |
|
III |
037 |
Técnico/a de son |
|
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
|
III |
066 |
Axudante/a taller. Adxunto/a taller |
|
III |
097 |
Auxiliar de son |
|
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
|
III |
101 |
Proxeccionista |
|
III |
102 |
Encadernador/a |
|
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
|
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
|
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación |
|
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
|
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría |
|
IV |
024 |
Xastre/a |
|
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a |
|
IV |
031 |
Legoeiro/a |
|
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais |
|
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba |
|
IV |
037 |
Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais |
|
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia |
|
V |
003-02 |
Resolución de 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado |
|
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
|
V |
10A |
Vixilante móbil defensa contra incendios forestais |
|
V |
10B |
Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
|
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
|
V |
10D |
Socorrista |
|
V |
10F |
Peón/oa forestal |
|
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
|
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |
