DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58426

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 6 de novembro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR443A).

A Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR443A). (DOG núm. 9, mércores 15 de xaneiro de 2025), establece no seu artigo 9 o crédito orzamentario para financiar as axudas a contratación dos seguros agrarios no ano 2025.

Así mesmo, no seu artigo 9 indícase que poderá incrementarse a dotación orzamentaria que poderá verse incrementado con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Coa finalidade de realizar unha xestión e aplicación eficiente, eficaz e correcta, ao tratarse de axudas directas ao seguro agrario todos os interesados que estean incluídos na base de datos CIAS como «subvencionables» na data de entrada en vigor do seguro agrario terán dereito a percibir as subvencións ao seguro agrario que lles correspondan.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR443A), na aplicación orzamentaria 2025 15 04 712B 7720 (proxecto 2009.00695 por importe de 1.000.000 euros na anualidade 2025.

Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 10.500.000 euros.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural