DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58428

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 6 de novembro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR443A).

BDNS (Identif.): 808706.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/808706

Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR443A), na aplicación orzamentaria 2025 15 04 712B 7720 (proxecto 2009.00695) por importe de 1.000.000 euros na anualidade 2025.

Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 10.500.000 euros.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural