DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58429

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155B) (Diario Oficial de Galicia número 126, do 3 de xullo de 2025).

En cumprimento do disposto no artigo 33 da orde de bases reguladoras e nos artigos 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas e recollidas no anexo, na convocatoria de 2025, dentro do programa 723C Desenvolvemento sustentable das zonas de Pesca e con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.723C.780.0 para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
María Ángeles Vázquez Suárez
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 16.03.723C.780.0

Proxecto

Beneficiario

Importe (€)

PE155B-2025-00001

Remuda xeracional: o futuro do mar

GALP Golfo Ártabro Sur

GALP Ría de Vigo-A Guarda

GALP Ría Muros-Noia. Costa Sostible

GALP Ría de Pontevedra

GALP Golfo Ártabro Norte

GALP A Mariña-Ortegal

GALP Costa da Morte

GALP Ría de Arousa

145.520,88 €

PE155B-2025-00002

Mar e rías: pesca & turismo

GALP Ría Muros-Noia. Costa Sostible

GALP Ría de Vigo-A Guarda

GALP Ría de Arousa

GALP Golfo Ártabro Norte

GALP Golfo Ártabro Sur

GALP Costa da Morte

GALP A Mariña-Ortegal

GALP Ría de Pontevedra

183.756,64

PE155B-2025-00003

Pesca saúde: consumo de produto pesqueiro, alimentación saudable

GALP Ría de Vigo-A Guarda

GALP Ría de Arousa

GALP Ría de Pontevedra

GALP Golfo Ártabro Sur

GALP Costa da Morte

GALP A Mariña-Ortegal

GALP Ría Muros-Noia. Costa Sostible

199.976,68