DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorgou unha concesión temporal de carácter experimental (expediente PE502D-2021-1).

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que mediante a Resolución do 28 de outubro de 2025, da Consellería do Mar, se lle outorgou a Proameixa Fernández, S.L., unha concesión temporal de carácter experimental nas cuadrículas 95, 96 e 97 do polígono Caramiñal-B, na ría de Arousa. A finalidade do proxecto é o cultivo experimental de preengorda de ameixa en batea.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 9 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 23 de outubro.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

Cándido Rial Rodríguez
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica