DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servicio de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícaselle á persoa sinalada no anexo a resolución de desconto de haberes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e dos seus anexos, e para a constancia de tal coñecemento.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

Vigo, 29 de outubro de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Persoa interesada

Acto que se notifica

Autoridade que o adopta

10853976T

Resolución de desconto de haberes

Directora territorial