Expediente: IN407A 2021/169-4.
Promotora: Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.A.
Denominación: LMTS de CT Maceira a CT Alto da Gloria.
Concello: Ponteareas.
Feitos:
Primeiro. O 2 de agosto de 2021, a empresa Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación LMTS de CT Maceira a CT Alto da Gloria.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que a infraestrutura eléctrica consiste na instalación dunha liña de media tensión subterránea para unir os centros de transformación Maceira e Alto da Gloria. As instalacións están localizadas no concello de Ponteareas (Pontevedra).
Segundo. O 19 de agosto de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Ponteareas e a Deputación Provincial de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.
Consideracións legais e técnicas.
Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) con condutor tipo RHZ1 H-16 18/30 kV de 530 metros de lonxitude, con orixe no CT Maceira e final no CT Alto da Gloria.
As instalacións están localizadas entre a avenida Sarmiento Rivera e o Alto da Gloria, no concello de Ponteareas (Pontevedra).
Conforme todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Outorgar á empresa Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS de CT Maceira a CT Alto da Gloria, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
Segundo. A empresa Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que las personas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 22 de febreiro de 2022
Tomás Nogueira Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
