DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.12251 e catorce máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.12251 e catorce máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
ou QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.12251

Enrique Grandal Robles e Francisco Pita Iglesias

3.864 m³

Pozo

Doméstico

L: San Xiao
P: San Xiao (Santiago)
C: Valdoviño

DH.A27.03235

José V. Cociña López

631 m³

Pozo

Doméstico

L: A Brosa
P: San Román de Vale (San Román)
C: O Vicedo

DH.A36.6599

Generoso Ismael Martínez Silva

630 m³

Dous mananciais

Doméstico

L:
P: Cira (Santa Baia)
C: Silleda

DH.A36.6763

Manuel González Castro

1.366 m³

Manancial

Doméstico, rega de 2.319 m²

L: Rañas
P: Tremoedo (Santo Estevo)
C: Vilanova de Arousa

DH.A36.5253

Hermantina Gamallo Gamallo

316 m³

Manancial

Doméstico

L: Pozas de Vilar
P: Figueroa (San Martiño)
C: Cerdedo-Cotobade

DH.A15.13315

Jesusa Ínsua Cores

2.270 m³

Manancial

Doméstico

L: Illobre
P: San Félix de Sales (San Fins)
C: Vedra

DH.A36.7255

Comunidade de Usuarios de Silvoso

28.067 m³

Tres mananciais

Doméstico

L: Currubedo
P: A Insua (Santa Mariña)
C: Ponte Caldelas

DH.A15.09731

José Manuel Senra Capelo

800 m³

Manancial Estivada de Arriba da Aspa

Doméstico

L: Regoelle
P: Olveira (San Martiño)
C: Dumbría

DH.A15.9080

Comunidade de Usuarios de Fonte de Campeliño

6.307 m³

Manancial Fonte do Capeliño

Doméstico

L: Castro
P: Santa María de Roo
C: Noia

DH.A15.6448

Carmen Míguez Rey

275 m³

Manancial no Couto do Rial

Doméstico

L: Pedrouzo
P:
C: Brión

DH.A15.8338

Desiderio Calo Pérez

1.380 m³

Pozo

Industrial

L: Igrexa
P: Tállara (San Pedro)
C: Lousame

E-1188-C

Ramón Rodríguez Núñez

700 l/s

Río Iso

Accionamento de muíño de 3 moas

L: Sandecoiro
P: Visantoña (San Xoán)
C: Santiso

DH.A15.09836

Jesús López de Rego Stolle e outros

70.325 m³

Pozo

Doméstico e rega

L: Monte A Lomba
P: Herbón (Santa María)
C: Padrón

DH.A15.19664

Fausto García García

146.012 m³

Río Pedras

Accionamento de muíño

L: Portocarro
P: Posmarcos (Santo Isidro)
C: A Pobra do Caramiñal

DH.A15.21876

José Brandariz Ferreiro

5.361 m3

Dous pozos

Rega de plantas ornamentais nun viveiro de 7.630 m²

L: Seixeda
P: Osedo (San Xián)
C: Sada