Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14, entre os apoios 9Y5JMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/290-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 29 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/290-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14, entre os apoios 9Y5JMUG//44-27 e 9DVTLOKK//44-30.
Concello: Ribeira.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Barreiros |
Parcela: 487, polígono: 51 |
Inmobiliaria Promesa, S.L. |
4.11.2025 |
