Ao non ser posible efectuar a notificación aos titulares da referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición para o seu exame e coñecemento nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Referencia catastral |
Titular |
|
15092A010003030000BY |
Herdeiros de Josefa Abeledo Romeo |
Vilarmaior, 23 de outubro de 2025
Carlos Vázquez Quintián
Alcalde
