DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial SUND-12 área mixta terciaria/industrial Portoameneiro.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de xullo de 2025, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial SUND-12 área mixta terciaria/industrial Portoameneiro, de xullo de 2025 (rex. entrada nº 202599900002155, do 3.7.2025 e nº 2828, do 4.7.2025), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Abtemas, S.L., e estimar parcialmente as alegacións presentadas por José Alberto G. B., en nome propio e en representación de María Elena B. F., o 9.4.2024 (rex. entrada nº 202499900000984 e nº 202499900000985), en ambos os casos con base nas consideracións recollidas no número 3 do resumo executivo do Plan parcial. Dáse por extinguida a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan parcial, de conformidade cos artigos 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (RLSG).

De acordo cos artigos 82.3 da LSG e 199.3 do RLSG, publícase no Boletín Oficial da provincia o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

O acordo plenario que aproba definitivamente o Plan parcial, así como o texto do citado plan aprobado definitivamente, atópanse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Teo:

https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20251014133010089.html

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa e que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, de acordo co disposto nos artigos 84.1 da LSG, 201.1 do RLSG, 112.3 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Teo, 14 de outubro de 2025

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa