Mediante a Resolución da Alcaldía do 14 de outubro de 2025 apróbanse as bases e a convocatoria do concurso-oposición restrinxido para o acceso á función pública do persoal laboral do Concello, para a funcionarización da praza de traballador/a social (A2).
No Boletín Oficial da provincia da Coruña, do 17 de outubro de 2025, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a funcionarización da praza seguinte:
|
Grupo |
A |
|
Subgrupo |
2 |
|
Denominación |
Traballador/a social |
|
Núm. de vacantes |
1 |
|
Sistema de selección |
Concurso-oposición |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na sede electrónica deste concello (https://santiso.sedelectronica.gal/) e, se é o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
Santiso, 21 de outubro de 2025
Manuel Adán López
Alcalde presidente
