DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria do proceso de provisión, por mobilidade, de dous postos de policía vacantes no corpo da Policía local e polo que se dá publicidade das súas bases reguladoras (oferta de emprego público do ano 2025).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 201, do martes 21 de outubro de 2025, publicáronse as bases reguladoras do proceso de provisión por mobilidade de dous postos na categoría de policía no corpo da Policía local do Concello de Pontevedra, incluídos na OEP do ano 2025.

A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 13.10.2025, o proceso de provisión de postos, polo sistema de mobilidade, para a provisión de dous postos vacantes no Concello de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio de 2025, que a seguir se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Número de vacantes: 2. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso de provisión sinalado será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado; os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos términos establecidos nas bases.

Pontevedra, 23 de outubro de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorializados