DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 (non substancial) do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación municipal, na sesión ordinaria do 30 de outubro de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 1 (non substancial) do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), acordo que ten o seguinte contido:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 (non substancial) do PXOM de Ordes.

2º. Someter a modificación puntual do plan aprobada inicialmente, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, a un trámite de información pública durante un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

3º. Simultaneamente, solicitaranse os informes sectoriais necesarios e trasladarase a documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, o cal solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do expediente estará á disposición das persoas interesadas no Servizo de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

O documento que integra o PXOM aprobado inicialmente poderá consultarse na web municipal (www.ordes.gal).

Ordes, 3 de novembro de 2025

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente