DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58634

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025 pola que se deixa vacante unha praza de persoal laboral fixo do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, desta axencia.

A Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas dos grupos e categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 062).

A Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio), da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, nomeou a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, da entidade, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

A Resolución do 20 de decembro de 2024 (DOG núm. 250, do 30 de decembro), da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, aprobou e fixo pública a baremación definitiva das persoas aspirantes que superaron o proceso para o ingreso nas citadas prazas, e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia.

O 21 de outubro de 2025, presentouse a renuncia á praza de titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007), do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do candidato proposto pola Comisión de Selección para o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia.

Finalmente, tendo en conta que con data do 31 de maio de 2025 se produciu a xubilación ordinaria do candidato que ocupaba o segundo lugar na baremación definitiva de méritos do concurso das persoas aspirantes admitidas á praza do grupo II, categoría 007, convocada pola Axencia de Turismo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Vacante

Deixar vacante a praza do grupo II, categoría 007, convocada pola Axencia de Turismo de Galicia, tendo en conta o establecido na Resolución do 20 de decembro de 2024, xa que, despois do indicado con anterioridade, ningunha das seguintes persoas admitidas no proceso acada a puntuación mínima establecida na cláusula III.3 das bases da convocatoria.

Segundo. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Impugnación

De conformidade co disposto na base VI da convocatoria, esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o establecido na Lei 39/2025, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia