De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
A Coruña, 28 de outubro de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
AC-PR212E/2025/01203 (AC-2019/00403) |
AU229547 |
|
AC-PR212B/2025/01271 (AC-2022/00414) |
44827284P |
