DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-PR212E/2025/02261 (AC-2024/00771) e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 28 de outubro de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-PR212E/2025/02261 (AC-2024/00771)

A02736899

AC-PR212E/2025/02238 (AC-2024/00739)

GH712916

AC-PR212E/2025/02582 (AC-2019/00521)

116589115

AC-PR212E/2025/02584 (AC-2012/01072)

M9566934

AC-PR212E/2025/02624 (AC-2018/00655)

X7733699H