DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-PR212A/2025/01609.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de inscrición. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición o expediente relacionado no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 28 de outubro de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-PR212A/2025/01609

49207836A

AW341126