De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
A Coruña, 28 de outubro de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
AC-PR212A-2025/01840 |
49667318Z 55346190W |
|
AC-PR212A-2025/02052 |
77466372A 77478299Q |
|
AC-PR212A-2025/02014 |
54125406N Y9933511D |
