De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A resolución do expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.
A Coruña, 28 de outubro de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
AC-PR212A/2025/02110 |
0BA801671 Y6910937A |
