DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/1755-3 e quince máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, núm. 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, núm. 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 28 de outubro de 2025

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/1755-3

50241244K

PR204A 2025/1954-3

34632741P

PR204B 2025/2000-3

X2719192V

PR204A 2025/2332-3

X5411923T

PR204A 2025/2394-3

44808519B

PR204A 2025/3361-3

44466425L

PR204A 2025/3430-3

76734696A

PR204A 2025/3616-3

Y0583072J

PR204A 2025/3727-3

34873170H

PR204A 2025/3750-3

76694901K

PR204A 2025/3765-3

44426644M

PR204A 2025/3886-3

45145030D

PR204A 2025/3959-3

44460335R

PR204A 2025/3960-3

12498688M

PR204A 2025/3965-3

44460335R

PR204A 2025/4349-3

34627644V