Mediante a Resolución reitoral do 6 de outubro de 2025 (DOG do 14 de outubro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha (1) praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía, pola quenda de promoción interna. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de promoción interna, nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión, cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
