DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58637

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 7 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un (1) mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

6T/25

Iría Mª

Gómez Touriño

***4398**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Santiago de Compostela

C02064

10T/25

Andrea

Garrido Juncal

***6108**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Dereito Administrativo

Dereito Público e Teoría do Estado

Santiago de Compostela

C02068

12T/25

Cristina

Alonso Salgado

***7623**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Dereito Procesual

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

C02070

13T/25

Joaquín

Lago Ballesteros

***2629**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Didáctica da Expresión Corporal

Didácticas Aplicadas

Lugo

C02071

26T/25

Lucía

López Somoza

***3736**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Análise Matemática

Estatística, Análise Matemática e Optimización

Santiago de Compostela

C02084

34T/25

Elena

Freire Paz

***1911**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Antropoloxía Social

Filosofía e Antropoloxía

Lugo

C02092

35T/25

Guadalupe

Jiménez Esquinas

***4093**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Antropoloxía Social

Filosofía e Antropoloxía

Santiago de Compostela

C02093