DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/237-1, no concello de Brión.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA2-803 apoio 9SF44VVD/D49, no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 30 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/237-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT TA2-803 apoio 9SF44VVD/D49.

Concello: Brión.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Pedra Abelleira

15013A014002270000UJ

Descoñecida

23.1.2026

11.45