Antecedentes:
Primeiro. As parcelas, situadas na zona denominada área loxística empresarial (en diante, LE), da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (en diante, Plisan) pertencen en pleno dominio aos tres promotores da Plisan: Autoridade Portuaria de Vigo, Consorcio Zona Franca de Vigo e Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Segundo. De acordo co establecido na disposición adicional sétima do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Consellería de Economía e Industria asumirá as competencias en materia de solo empresarial. Esta asunción e o efectivo exercicio das competencias previstas na citada disposición producíronse coa aprobación do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que recolle que, baixo a superior dirección da persoa titular da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial exercerá as competencias de solo empresarial.
Mediante o Acordo de cooperación, do 29 de xaneiro de 2025, entre a Consellería de Economía e Industria e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) para o exercicio das funcións en materia de solo industrial, a Consellería de Economía e Industria asume a obrigación de participar, en nome do IGVS, na Plisan.
Terceiro. Mediante a Resolución da conselleira de Economía e Industria, do 19 de marzo de 2025, determínase que a entidade que asuma os compromisos derivados da participación, en nome do IGVS, na Plisan sexa Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur), sociedade pública que se atopa baixo a tutela funcional da Consellería de Economía e Industria.
Cuarto. A Comisión de Seguimento da Plisan, do 3 de novembro de 2025, aprobou por unanimidade o prego de condicións da poxa á alza, mediante o procedemento de presentación de ofertas en sobre pechado, para a venda e/ou constitución de dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelamento da zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE) e a convocatoria da comercialización das parcelas por parte da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, que será executada por Xestur, S.A.
En consecuencia, vistos os antecedentes,
RESÓLVESE:
Publicar o anuncio de poxa pública á alza para a venda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelamento da zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente: PLISAN 2025/COMPRAVENDA-(5)-LE), de acordo co prego de condicións da poxa á alza, mediante o procedemento de presentación de ofertas en sobre pechado, para a venda e/ou constitución de dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelamento da zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) expediente PLISAN 2025/COMPRAVENDA (5)-LE.
O procedemento rexerase polas seguintes cláusulas:
1. Obxecto
O procedemento para a adxudicación realizarase mediante poxa pública á alza e mediante compravenda e/ou para a constitución do dereito de superficie, das parcelas resultantes do proxecto de parcelamento correspondente á zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE).
A descrición física e xurídica das parcelas obxecto da poxa, así como as súas cargas e gravames, figuran no anexo I do prego de condicións (expediente PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE).
2. Entidade adxudicadora
Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
3. Prezo das parcelas
O prezo base de saída para a compravenda, IVE excluído, e para a constitución do dereito de superficie, en concepto de canon, é o que figura no anexo I do prego de condicións. (expediente PLISAN2025/COMPRAVENDA (5)-LE).
4. Garantías
Para participar na poxa requirirase constituír previamente unha garantía do 5 % do prezo base de licitación da/das parcela/s sobre a/as cal/es se realice a oferta.
5. Requisitos específicos das persoas participantes
Poderá participar na poxa calquera persoa, física ou xurídica, española ou estranxeira, que teña plena capacidade de obrar, de acordo co previsto no Código civil. Non poderán ser adquirentes as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas á intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme o Real decreto lexislativo 1/2020, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da Lei concursal.
6. Obtención de documentación
O prego de condicións polo que se rexe esta poxa, os seus anexos, a documentación relativa ás ordenanzas do proxecto sectorial en que se sitúan as parcelas que se ofertan, así como os datos relativos ás súas subministracións, figurarán na páxina web de Xestur (www.xesturgalicia.com), desde o momento en que este anuncio se publique no Diario Oficial de Galicia.
7. Lugar e prazo de presentación das ofertas
As ofertas deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.
No caso de que se presenten ofertas en lugares diferentes do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o mesmo día, deberá remitirse á Xerencia de Xestur un correo electrónico ao enderezo: xestur@xesturgalicia.com, indicando a presentación da oferta e o lugar da súa presentación.
A data límite para a presentación das ofertas en sobre pechado será de vinte (20) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
8. Lugar, día e hora de realización da poxa pública
A poxa pública realizarase no salón de actos do Edificio Administrativo do Igape, oficinas de Xestur, S.A. da Consellería de Economía e Industria, no día e na hora que se anuncien cunha antelación mínima de cinco días hábiles á súa realización na páxina web (www.xesturgalicia.com).
9. Gastos do anuncio
O importe do anuncio correrá por conta das persoas adxudicatarias das parcelas rateado proporcionalmente.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
