Mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, convocouse a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G) (DOG núm. 200, do 16 de outubro). Segundo se recolle no seu punto 3, a proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. Así mesmo, tamén se sinala que a data concreta da proba será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).
De acordo con isto,
RESOLVO:
Fixar como data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4), convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025, o 5 de decembro de 2025.
A hora de comezo da proba será ás 9.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, duns trinta minutos.
Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025
Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua
