DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión definitiva dunha praza de técnico/a da Administración xeral incluída na oferta pública de emprego de estabilización do ano 2022, mediante concurso.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 204, do 24 de outubro de 2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria do concurso para cubrir definitivamente unha praza vacante de técnico/a da Administración xeral, da escala Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, reservada a funcionarios de carreira, incluída na oferta pública de emprego de estabilización de emprego temporal do ano 2022 e que se corresponde co posto da relación de postos de traballo número 01.00.00.02.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando proceda, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 31 de outubro de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde