De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1500-2025) Resolución inicio o.e. De data 16.10.2025 |
36043A025001570000JM (Polígono 25-parcela 157) |
Cuñas Ponte Caldelas |
José Hermida Baqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1501-2025) Resolución inicio o.e. De data 16.10.2025 |
36043A025001580000JO (Polígono 25-parcela 158) |
Cuñas Ponte Caldelas |
José Hermida Baqueiro |
|
Orde de execución (exp. 1515-2025) Resolución inicio o.e. De data 21.10.2025 |
36043A043001530000JY (Polígono 43-parcela 153) |
A Insua Ponte Caldelas |
Fermín Santoro Peleteiro |
|
Orde de execución (exp. 1516-2025) Resolución inicio o.e. De data 22.10.2025 |
36043A036008550000JG (Polígono 36-parcela 855) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
María Pilar Orge Riveiro |
|
Orde de execución (exp. 1538-2025) Resolución inicio o.e. De data 22.10.2025 |
36043A036008670000JR (Polígono 36-parcela 867) |
Rebordelo-A Insua Ponte Caldelas |
María Pilar Orge Riveiro |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 22 de outubro de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
