DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación portuaria do porto de San Tomé-Tragove (expediente 5090/2018).

O Pleno do Concello de Cambados, en sesión extraordinaria urxente que tivo lugar o día 17 de outubro de 2025, adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de ordenación portuaria (PEOP) do porto San Tomé-Tragove, datado en outubro de 2025, consistente nos seguintes documentos con pegada dixital:

Documento en soporte dixital non editable (pdf)

– F46024D177E6B96951CC1AF30A05DD7F8457952D519368DC940A8C15D85FE68Ah

Documento en soporte dixital editable

– 2EC6DBFC7F1BB7E92AE9C9DA8112DD87940B76EFA5AF07F3BA1D2F0380BAC822h

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia á dirección electrónica en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, anexando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Publicar o acordo de aprobación definitiva así como o articulado das normas do PEOP no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de conformidade co sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Quinto. Declarar extinguida a suspensión do outorgamento de licenzas, adoptada no acordo de aprobación inicial do Plan especial de ordenación portuaria do porto San Tomé-Tragove, pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria con data do 4.3.2021 (artigo 47.2 da LSG e artigo 86.2 do RLSG).

Sexto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a aprobación inicial deste, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O presente anuncio publícase para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo de aprobación definitiva e o contido íntegro do Plan especial e a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan, poderá consultarse no Portal de transparencia de sede electrónica do Concello de Cambados:

https://cambados.sedelectronica.gal/transparency/c299894d-bbf8-4c28-9b48-a4c8309b07cd/

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Cambados, 22 de outubro de 2025

Samuel Lago Ozón
Alcalde