Obra Viva Composites, S.L.U. solicita de Augas de Galicia unha autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: Obra Viva Composites, S.L.U.
Expediente: DH.W36.103888.
Concello: Moaña.
Descrición das obras: execución de muros de contención de terras de 76,60 metros de lonxitude total e altura máxima de 3,50 metros, nas parcelas con referencias catastrais: 36029A021000690000IJ, 36029A021000700000IX, 36029A021000710000II, 36029A021000720000IJ e 36029A021000730000IE, localizadas no lugar de Paradela, parroquia de Moaña (Virxe do Carme), concello de Moaña (Pontevedra).
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para o xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Moaña ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa San Salvador núm. 2-4º, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto da presente autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 31 de xaneiro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
