DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-0547/2024-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-0547/2024-PPM.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente, que pon fin á vía administrativa, cabe o recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de outubro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0547/2024-PPM

52455123N

Resolución do recurso de alzada