De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa 5-A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispón dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretenda valer e citando o número de expediente.
Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, será considerado proposta de resolución.
Se recoñece voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.
Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
En aplicación do establecido no artigo 56 da LPAC, e como medida provisional para asegurar a eficacia da resolución que se poida ditar e os intereses públicos propios da explotación portuaria, ordénaselle neste expediente ao denunciado a retirada da embarcación Umia, con folio 7ª-CO-2-9-16, do interior da dársena do porto de Tragove. No caso de cumprir coa medida provisional acordada, restituíndo a legalidade, condonarase parcialmente a multa, que se reducirá nun 30 por cento; no caso de incumprirse esta orde, a medida provisional de retirada, traslado e depósito da embarcación poderá ser efectuada de maneira forzosa e por conta do denunciado por Portos de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 13-36-25-04 7ª-CO-2-9-16 Gardapeiraos |
35415877V |
Atracada continuada sen autorización 10.9.2025 12.00 horas Tragove (Pontevedra) |
Artigo 131.a), b), c), d) e p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
600 € |
