DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.A. 225/2025, contra a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, neste corpo facultativo, convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro; e número 146, do 2 de agosto).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.A. 225/2025, contra a Resolución do 21 de xullo de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro; e núm. 146, do 2 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante o referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal