Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) por fin da súa vida útil, na LAMT 20 KV SNT827 Biduído-Ponte Espiño 27, no concello de Ames (expediente IN407A 2023/428-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/428-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) por fin da súa vida útil, na LAMT 20 KV SNT827 Biduído-Ponte Espiño 27.
Concello: Ames.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
2 |
Tercedeira |
Parcela: 328 Polígono: 508 |
María Raña Costoya |
18.11.2025 |
