DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58845

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 11 de novembro de 2025 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes PJC/698/2025, do 3 de xullo (BOE do 7 de xullo), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e segundo os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 3 de outubro de 2025 (BOE do 13 de outubro) e resolto pola Resolución do 30 de outubro de 2025, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

DISPOÑO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución, que se relacionan no anexo, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Marta Pérez López, aspirante núm. 7, para o Rexistro de Ortigueira.

Judith Jara Costa, aspirante núm. 28, para o Rexistro de Allariz-Bande-Celanova.

Cristina López López, aspirante núm. 37, para o Rexistro de Verín-Viana do Bolo.

Paula Mireya Ramírez Pino, aspirante núm. 44, para o Rexistro do Barco de Valdeorras-A Pobra de Trives.

Santiago David Lafarga Mas, aspirante núm. 46, para o Rexistro de Xinzo de Limia.