Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Soterramento LMT TRO718 e substitución CTI Parada-Teis 36AC73.
Situación: Vigo e Redondela.
Características técnicas:
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 19 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A10L7UEC da liña de media tensión (LMT) TRO718 Pescanova-Chapela-Coxeración Pescanova, núm. 18, e final no apoio proxectado C-1000/12.
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2, de 630 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/12, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.
– Centro de transformación compacto telecontrolado, a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado en Parada, na parcela con referencia catastral 36045A053008260000WM.
– Instalación de un reconectador telecontrolado no apoio proxectado C-1000/12.
– Desmonte do centro de transformación intemperie Parada-Teis 36AC73.
– A instalación está situada no lugar do Pugariño, Teis, no concello de Vigo, e en Parada, Chapela, no concello de Redondela.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 24 de outubro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/202-4.
Denominación: Soterramento LMT TRO718 e substitución CTI Parada-Teis 36AC73.
Concellos: Vigo e Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||||
|
Pleno dominio (m2) |
Servidume |
|||||||||
|
Apoio/CTC |
m2 |
ml aéreo |
m2 aéreo |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Pugariño |
Rústico |
54057A009002060000AD |
Jorge Lorenzo Cabaleiro |
1 |
2 |
1,8 |
37,0 |
6,4 |
18,8 |
|
2 |
Pugariño |
Rústico |
54057A009002040000AK |
Malia Otero Tizón |
13,9 |
209,1 |
||||
|
3 |
Pugariño |
Rústico |
54057A009002030000AO |
Alejandra Rodríguez Otero |
2,7 |
48,2 |
||||
|
4 |
Parada |
Rústico |
36045A053008260000WM |
María Tizón Pan |
CTC |
20,40 |
0,8 |
3,3 |
||
